Friday 10 de May de 2024

Os días 22 e 23 de novembro poderá renovarse o DNI na Casa Charry


Os días 22 e 23 de novembro a unidade móbil de expedición do DNI do Corpo Nacional de Policía desprazarase ata a Casa Charry para proceder á realización dos trámites oportunos para a renovación do documento nacional de identidade.

O prazo habilitado para a reserva de cita previa abre o luns 6 de novembro. As persoas interesadas poden chamar ao teléfono 981 610 001, onde ademais recibirán toda a información que precisen sobre a documentación que deberán achegar.